CRTVG

Buscar

A familia de Ana Julia mantén a confianza na inocencia da muller

Publicado o 14/03/2018 08:19

Na República Dominicana, país de orixe de Ana Julia Quezada, a asasina confesa de Gabriel, séguense con moita atención as novidades sobre o caso que chegan de España. A súa familia mantén a confianza na súa inocencia, aínda que din que se é culpable que pague polo crime e que Deus llo cobre.

Así de contundente se amosaba o irmán de Ana Julia sobre a suposta responsabilidade dela no crime de Gabriel, e aludía a que se teñen que investigar as redes de delincuentes que a poderían ter ameazada por cuestións económicas. Micrófonos e cámaras de televisións locais encheron o pequeno poboado dominicano da Cabuya, onde reside a familia de Ana Julia, ante a enorme repercusion do caso en España.

Unha e outra vez insisten en que confían na inocencia de Ana Julia, pero deixan a porta aberta a que puidese estar inducida por outros. Aseguran que tiveron que pechar as redes sociais ante a cantidade de insultos que lles chegan de España.

A súa nai dicía que, en caso de responsabilidade, que o pague, e invocaba o diaño que a tería posuída como única explicación para que a súa filla cometese tal atrocidade.Sobre o seu pasado en Burgos, desbotaban calquera responsabilidade de Ana Julia na morte da súa filla, nunha caída, din, accidental, produto de que era sonámbula.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018