A familia de Ana Enjamio pide unha aclaración da sentenza que condenou a César Adrio
Publicado o 10/01/2020 14:30
O avogado da familia de Ana Enjamio presentou ante a Audiencia Provincial en Vigo un escrito de aclaración da sentenza polo crime da moza.
Consideran que houbo un erro no que respecta á petición de penas que solicitaban as partes.
Na sentenza asegúrase que as acusacións popular e particular se adheriron á petición da Fiscalía de 27 anos de cárcere, polos delitos de asasinato con aleivosía e asañamento, ademais de acoso. Pero falta o de vulneración da intimidade que engadía a acusación particular.
O seu escrito paraliza o prazo para presentar recurso por parte da defensa de César Adrio.
Máis sobre Vigo
22/01/2021 20:24
21/01/2021 15:18