CRTVG

Buscar

A familia da nena do Carballiño recolle sinaturas para pedir unha reforma na Lei do menor

Publicado o 14/09/2021 12:07
A familia da nena do Carballiño recolle sinaturas para pedir unha reforma na Lei do menor

A familia acaba de lanzar unha campaña na plataforma Change.org para recoller sinaturas coa que pretenden conseguir que non haxa máis menores inimputables. Piden unha reforma da Lei do menor. Nas primeiras horas xa recibira máis de 1.500 sinaturas.

Mentres a menor segue en estado crítico, os axentes da Policía Xudicial da Garda Civil continúan coas pesquisas e xa enviaron aos laboratorios de criminalística varios dos obxectos que atoparon na vivenda en busca de restos de ADN.

O suposto agresor, un mozo de 13 anos, permanece no hospital de Ourense, pero está previsto que nas próximas horas se traslade á unidade de saúde mental do Hospital Clínico de Santiago para realizarlle unha valoración psicolóxica completa para finalmente saber como queda o tema da custodia. En calquera caso, non poderá ser acusado nin xulgado polo acontecido por ter 13 anos. 

Noticias web

14/09/2021