CRTVG

Buscar

A familia da nena asasinada, presuntamente, pola súa nai en Bilbao espera a condena de prisión permanente

Publicado o 12/12/2019 13:14

Hoxe arrinca o xuízo contra unha muller que o pasado mes de xaneiro matou a súa filla de 9 anos tras administrarlle medicamentos e asfixiala coas mans. A fiscalía e a acusación particular piden prisión permanente revisable. Será un xuízo practicamente a porta pechada, e con tribunal popular. 

Coa escolla dos nove membros do xurado comezou a vista. Os feitos ocorreron en xaneiro, cando unha moza atopou inconscientes e abrazadas á súa irmá de nove anos e á súa nai, ao chegar á vivenda da familia en Bilbao. A moza alertou a emerxencias e os sanitarios lograron reanimar á nai, que foi evacuada a un hospital en estado grave por inxesta de medicamentos, pero a nena faleceu. Días despois, a Ertzaintza detivo á muller no hospital e un xuíz decretou o seu ingreso en prisión.

Ana Hernando, avogada da acusación popular: "Cremos non só que o merece, senón que o Código Penal é moi claro sobre o que ten que concorrer para unha pena de prisión permanente revisable e dase neste caso. É un asesinato con aleivosía agravado por ser unha menor de 16 anos e cun agravante de parentesco".

Valeriano Borja, pai da vítima: "Se se dese o caso de que a pena fose menor e a atopara de aquí a uns anos eu creo non sería capaz, de aturar iso, non sería".

Segundo a Asociación Clara Campoamor, que exerce a acusación popular, o informe da autopsia apunta a que o corpo da nena presentaba síntomas de intoxicación masiva e letal por medicamentos, aínda que a causa da morte foi a asfixia, supostamente cunha almofada, sen que houbese sinais de defensa nin loita.

Noticias web

12/12/2019