CRTVG

Buscar

A familia da muller que apareceu morta no Barco de Valdeorras sospeita que a asasinaron por cartos

Publicado o 13/09/2021 12:03
A familia da muller que apareceu morta no Barco de Valdeorras sospeita que a asasinaron por cartos

A familia da muller que apareceu morta na súa casa do Barco de Valdeorras sospeita que a asasinaron por cartos e apunta o roubo como móbil do presunto homicidio. Leticia Sanabria avisáraos de que lles ía facer un xiro de cartos a través dunha persoa de confianza horas antes de producirse a súa morte.

A investigación céntrase no círculo da falecida. A porta da vivenda non estaba forzada. A muller de 29 anos sufriu asfixia por métodos violentos que lle acabou custando a vida, segundo informou a Garda Civil. O pescozo da vítima presentaba rabuñaduras. O corpo da muller será repatriado ao Paraguai.

Noticias web

13/09/2021