CRTVG

Buscar

A familia da menor agredida no Carballiño reclama cambios na Lei do Menor

Publicado o 30/09/2021 21:18

Tres semanas despois da brutal agresión que sufriu unha rapaza do Carballiño por parte doutro menor, de 13 anos de idade, familiares e amigos da vítima concentráronse esta tarde ás portas da Subdelegación do Goberno en Ourense.

Piden que se modifique a Lei do Menor para que, en casos tan graves como este, os menores de 14 anos poidan ser imputados penalmente. A demanda tamén a levaron ás redes a través dunha campaña en change.org, onde xa teñen recollidas máis de 10.000 sinaturas.

Pero esta concentración, ademais desa vertente reivindicativa, pretende ser tamén unha mostra de apoio e cariño a Nuria, un agasallo no día do seu aniversario. Hoxe fai 14 anos e faino loitando dende a Unidade de Reanimación do Hospital de Ourense, onde ingresou hai tres semanas en estado moi grave. 

Noticias web

30/09/2021