CRTVG

Buscar

A falta de tripulantes, un dos retos do sector pesqueiro no horizonte do 2040

Publicado o 03/04/2019 15:25

O sector da pesca en Galicia prepárase para os desafíos no horizonte do 2040. O obxectivo é seguir competindo polo liderado en España e nese empeño afrontan tres grandes retos: a falta de tripulantes, a antigüidade dos barcos e o acceso aos recursos.

A Confederación Española de Pesca cifra a idade media dos barcos galegos en 34 anos. 

Javier Garat, secretario xeral de CECOPESCA: "Dentro duns anos imos ter un serio problema. Teremos problemas de habitabilidade, de seguridade a bordo e iso hai que afrontalo xa".

Para o que demandas axudas dos gobernbos e da UE. Traballo conxunto tamén coas administracións e a comunidade científica.

Javier Garat, secretario xeral de CECOPESCA: "Se non temos boa xestión científica teremos mala xestión política pesqueira".

Pero o reto prinicpal é facer atractivo o traballo no mar. O sector deberá negociar cos sindicatos melloras sociolaborais e apostar pola formación para poder afrontar a remuda xeracional.

 

Noticias web

03/04/2019