CRTVG

Buscar

A falta de pegada condena o Lugo ante o Levante e queda eliminado da Copa (2-0)

Publicado o 06/12/2018 17:55

Segue o Lugo sen acertar no marco adversario. Excelente partido esta mañá no Ciutat de Valencia, pero os méritos non foron suficientes.

Fíxense no que falla o Lugo con cero-cero no marcador. Estamos na segunda parte. Dongou estraga a oportunidade ante Aitor Fernánde. Aitor Fernández repite unha excelente resposta ante Campabadal.
Incrible.

O Lugo dominaba o Levante. E nun saque de esquina, ultimos minutos, Coke aparece na prolongación para bater a Varo. Aí se cadra rematou a esperanza do Lugo. E a gasolina dos homes de Monteagudo foise esparcindo polo campo.

Tentouno ata o último instante. Ata Varo foi rematar o último saque de esquina. Pero a xogada finaliza coa contra do Levante que culmina a porta valeira Duamena. A historia de case sempre. A historia do Lugo esta temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018