CRTVG

Buscar

A falta de acordo no Eurogrupo provoca lixeiras caídas nas bolsas europeas

Publicado o 08/04/2020 18:13
A falta de acordo no Eurogrupo provoca lixeiras caídas nas bolsas europeas

O IBEX 35 concluíu a xornada deste mércores cun descenso do 0,72%, o que levou ao selectivo a situarse nos 6.951,8 enteiros, moi preto da cota psicolóxica dos 7.000 puntos que recuperou onte. O selectivo español mantívose con caídas durante toda unha xornada marcada pola reunión de ministros de Economía e Finanzas da Eurozona (Eurogrupo), que finalizou sen acordo tras dezaseis horas de negociación. O encontro repetirase mañá xoves nun novo intento por desbloquear un paquete de medidas económicas para aliviar o impacto da pandemia de coronavirus.

O resto de bolsas europeas tamén finalizaron en vermello, con retrocesos do 0,85% en Londres, do 0,35% en París, do 0,3% en Frankfurt e do 0,14% en Milán.

Noticias web

08/04/2020