CRTVG

Buscar

A FAFFE gastou fondos públicos no alugueiro de locais a prezo por riba do mercado

Publicado o 25/11/2019 15:09

A Fundación Andaluza para a Formación de Parados malgastou parte dos seus fondos en alugueiros, segundo o xornal El Mundo.

A FAFFE, creada polo goberno de Manuel Chaves, chegou a ter 80 sedes. Máis da metade eran en réxime de alugueiro, a prezos por riba do mercado que chegaron a supoñer un desembolso de oito millóns de euros anuais, segundo o diario.

O Parlamento andaluz abriu unha comisión sobre a extinta FAFFE, ao tempo que que un xulgado de Sevilla investiga os gastos do que foi o seu director.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019