CRTVG

Buscar

A Facultade de Ciencias Políticas da Complutense cancela un acto de Leopoldo López

Publicado o 26/04/2021 16:19
A Facultade de Ciencias Políticas da Complutense cancela un acto de Leopoldo López

Coincidindo coa campaña electoral en Madrid, a decana da Facultade de Socioloxía e Ciencias Políticas da Universidade Complutense cancela un acto do líder opositor venezolano, Leopoldo López.

Estaba organizado por unha asociación universitaria. López ía falar sobre a situación no seu país. O motivo da cancelación foi que a crispación política xerada polas eleccións facía imposible garantir a seguridade de participantes e asistentes ao acto.

Os organizadores, nun comunidado, dixeron que non recibiran ningunha ameaza e tampouco había problemas de seguridade. A decana forma parte da Xunta Electoral Central a proposta de Podemos. Ciudadanos e o Partido Popular criticaron a decisión da decana.


 

Noticias web

26/04/2021