CRTVG

Buscar

A facturación industrial baixou en Galicia un 5,8 % en 2020, a metade que a media de España

Publicado o 22/02/2021 15:22

A facturación industrial baixou en Galicia un 5,8 % en 2020. Aínda así, é, xunto con Estremadura, a comunidade en que menos descende a produción, a metade da media española, onde a caída é de case o dobre, o 11,7 %.

A crise xerada pola covid rompe con seis anos de crecementos anuais consecutivos. Todos os sectores retroceden, especialmente o da enerxía. Só as farmacéuticas elevaron a súa facturación.

Noticias web

22/02/2021