A factura da luz encarécese un 80 % no último ano para as depuradoras de bivalvo
Publicado o 13/09/2021 16:03
Durante os últimos meses Xosé ten que facer fronte ás facturas da luz do seu viveiro instalado en Nigrán. As últimas incrementáronse ata nun 65 por cento.
As depuradoras de bivalvos precisan o bombeo da auga as 24 horas do días e todos os días do ano. Moitas xa pensan noutras fórmulas para diminuír o consumo eléctrico. Desde o sector instan o Goberno central a tomar medidas urxentes.
Din que a suba da luz resulta inasumible para as empresas do mar, que teñen o seu maior custo de explotación no consumo eléctrico.