A factura da luz encarecerá un 2% ao reactivar o imposto de xeración eléctrica
O prezo da luz podería subir ata dous euros este mes de abril e iso débese a que hoxe mesmo finaliza a suspensión temporal do imposto da xeración eléctrica. Esta foi unha medida adoptada polo Goberno para frear a suba do prezo da electricidade, unha medida que tiña seis meses de validez. E isto chega cando sabemos que este mes de marzo, malia que a electricidade leva dous meses seguidos de baixada de prezo, é o máis caro dos últimos seis anos. A luz é hoxe ao redor do 2,5% máis cara que hai un ano.
Vimos de dous meses seguidos de baixada do prezo da luz. Pero aínda así, estamos ante o mes de marzo máis caro dende que se impuxo o prezo voluntario ao pequeno consumidor. Segundo a OCU, a factura mensual dun fogar medio baixou en marzo seis euros respecto a xaneiro. Pero segue sendo entre dous e tres euros máis cara que hai un ano.
E o que nos vén agora é unha nova suba. Débese á reactivación do imposto de xeración eléctrica, suspendido hai seis meses polo Goberno dentro das medidas para tentar frear a suba do prezo da luz. A fin da moratoria encarecera os custos das compañías e acabárase reflectindo na factura do consumidor.
A OCU recomenda aos usuarios cambiar á factura de discriminación horaria, que podería supoñer ao ano un aforro duns 80 euros.