A factoría viguesa de PSA volve á actividade en máximos de produción
Publicado o 04/01/2021 17:53
Durante os dez días que parou a produción adaptouse a liña de traballo para comezar a fabricar a versión eléctrica das furgonetas K9 que se lanzarán este verán. Un modelo que xunto ao Peugeot 2008 mantén en plena actividade a planta viguesa en catro quendas de traballo nas dúas liñas de produción.
O nivel de encargos é tan alto que os primeiros traballadores xa se incorporaron onte aos seus postos. Están en volumes máximos de produción. Xa recollen pedidos para fabricar dentro de tres meses e as previsións para este ano son boas, pero recoñecen que dependerá da evolución da economía mundial nos próximos meses.
En 2020 fabricaron nesta planta case 500.000 vehículos, un 22% máis que en 2019.