CRTVG

Buscar

A factoría de Stellantis volve ter que parar pola crise dos microchips

Publicado o 15/07/2021 12:51
A factoría de Stellantis volve ter que parar pola crise dos microchips

A fábrica viguesa de Stellantis, a antiga PSA Citroën, volve facer novas paradas de produción pola falta de microchips e acumula preto de 70 no que vai de ano.

Suspendeuse a quenda de noite de onte dos dous sistemas de montaxe e a parada tamén afectará varias quendas deste xoves. A empresa confía en que a parada polas vacacións de verán que comeza a semana que vén axude a industria auxiliar a conseguir compoñentes e poder retomar a produción a mellor ritmo a mediados de agosto.

Noticias web

15/07/2021