CRTVG

Buscar

A fabricación do novo modelo permitirá recuperar a quenda de noite en PSA

Publicado o 28/01/2019 20:27

A factoría PSA de Vigo apura as probas do novo modelo, o todo camiño. En outubro comezará a producirse e os sindicatos avanzan que volverá traballar a quenda de noite, parada desde 2008.

Se se cumpren as previsións, o novo modelo que fabricará PSA en Vigo podería estar no mercado a finais deste ano. Arestora a empresa apura as probas do seu desenvolvemento e ensaia a súa montaxe coa produción dunha decena de coches por semana. Poucos privilexiados coñecen o seu deseño.

Expectativas que falan de marzo para que o todo camiño chegue á liña de produción e de outubro para que comece a súa fabricación en serie. Un cronograma que irá acompañado dun incremento progresivo da contratación, coa recuperación da quenda da noite e mesmo a creación doutras novas.

Neste exercicio haberá máis de mil novas contratacións, segundo a empresa, que agarda chegar a niveis máximos de produción en 2020 coa fabricación de cincocentos mil unidades.

Noticias web

28/01/2019