CRTVG

Buscar

A fábrica de Stellantis en Vigo fabricará unha nova xeración do Fiat Dobló

Publicado o 24/09/2021 12:32
A fábrica de Stellantis en Vigo fabricará unha nova xeración do Fiat Dobló

Stellantis en Vigo fabricará unha nova xeración do vehículo Fiat Dobló. Será o vindeiro ano cando comezará a ensamblar ese novo modelo na cidade olívica. Foi asignado á factoría viguesa pola súa experiencia e especialización neste segmento.

Stellantis Vigo é neste momento a planta galega líder da multinacional francoitaliana na produción de vehículos comerciais lixeiros, cunha media de 250.000 unidades ao ano con destino ao mercado internacional. O máis probable é que tamén fabrique a versión eléctrica do novo modelo. Stellantis xa produce o todo camiño Peugeot e-2008, e nos próximos meses sumaranse seis modelos máis electrificados.

O programa establecido foise modificando debido á crise dos microchips e neste mes a planta viguesa estaría fabricando uns 91 vehículos deste tipo diarios. Xa en novembro se a situación vai mellorando agárdase chegar ás 224 unidades cada xornada.

Noticias web

24/09/2021