A fábrica de Nestlé en Pontecesures elabora leite condensado que chega a 26 países
Publicado o 01/11/2019 11:16
Desde Pontecesures para o mundo. Ás mesas de 26 países chega este produto, o leite condensado, o que supón o 60% da produción desta fábrica.
Elaborado en Galicia e con leite das nosas vacas, o ingrediente estrela deste alimento. A esta factoría chegan anualmente máis de 90 millóns de litros de leite de 150 ganderías próximas.
Unha produción que supera as 50.000 toneladas de produto anuais e que elabora un cadro de 170 persoas.
A fábrica fai 80 anos desde a súa creación e neste ano modernizará as súas instalación con dúas novas liñas de encher cun investimento de 1,9 millóns de euros.