CRTVG

Buscar

A fragata Almirante Juan de Borbón despediuse de Ferrol e navega xa cara ás augas do norte de Europa

Publicado o 14/09/2021 15:31

Sensibilidade a flor de pel, emoción e moita ilusión é o ambiente que se respiraba no arsenal militar de Ferrol, onde decenas de familiares e achegados despedían a dotación da fragata Almirante Juan de Borbón, composta por 225 militares, dos que 30 son mulleres.

A fragata F-102 inicia un novo despregamento nun grupo naval permanente da OTAN. O seu destino é o norte de Europa e fará a súa primeira escala en Glasgow para participar nos exercicios Joint Warrior.

Un despregamento que durará case dous meses, ata o 7 de novembro. Para daquela, familiares e amigos volverán citarse neste arsenal militar, pero xa con sorrisos de orella a orella, con moitas ganas de darlles apertas e contentos de telos xa de volta na casa.

 

 

Noticias web

14/09/2021