CRTVG

Buscar

A expulsión de Murillo deixa tocada a defensa para o partido do Sevilla

Publicado o 04/04/2021 16:13

A peor nova do partido do Celta foi a expulsión de Jeison Murillo no minuto 55. O vindeiro luns xogarán diante do Sevilla sen a parella titular formada por Murillo e Araújo. 

Aidoo cumpriu á perfección contra o Alavés e Coudet buscará un acompañante. José Fontán tivo minutos en Mendizorrotza e o vilagarcía podería entrar nese encontro tan complicado.