CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A expresidenta Arxentina Cristina Fernández acusada de lavado de cartos e asociación ilícita

Publicado o 04/04/2017 21:28



E na Arxentina, a expresidenta Cristina Fernández de Kirchner foi procesada por asociación ilícita e lavado de diñeiro a través da inmobiliaria familiar Los Sauces. A xustiza sinálaa como xefa da trama e dispuxo a prohibición de saír do país para a exmandataria.

Continúa o "via crucis" xudicial de Cristina Fernández de Kirchner. A expresidenta arxentina acaba de ser procesada por asociación ilícita e lavado de cartos no marco da causa Los Sauces.
A orde dispón un embargo de 130 millóns de pesos, uns 8.4 millóns de dólares, e o impedimento de saír do país.

Para o xuíz, Fernández de Kirchner é penalmente responsable de armar unha asociación ilícita en calidade de xefe a través da inmobiliaria familia Los Sauces, que constituía unha vía de retorno do diñeiro da obra pública arxentina.

Un delito ó que se lle suma o lavado de activos de orixe ilícito e o agravante de habitualidade e a incompatibilidade coas actividades dun funcionario público.

Xunto a Fernández, foron procesados tamén os seus dous fillos, Máximo e Florencia Kirchner, e os empresarios Cristóbal López e Lázaro Báez, máximos adxudicatarios de obra pública durante os gobernos do matrimonio expresidencial.

Deste xeito, a exmandataria volve estar sinalada pola xustiza por corrupción, logo de que hai só uns días fose notificada para sentar no banquiño dos acusados por administración infiel en perxuizo do Estado noutra causa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/04/2017