CRTVG

Buscar

Bos días

A expresidenta arxentina, Cristina Fernández, acode por primeira vez a declarar como imputada nunha causa por corrupción

Publicado o 01/11/2016 09:36




A expresidenta arxentina, Cristina Fernández, acode por primeira vez a declarar como imputada nunha causa por corrupción.
Un novo golpe para a exmandataria e a súa familia, cercados pola Xustiza en diferentes procesos por presunto enriquecimento ilícito durante o seu goberno.

É a segunda vez que Cristina Fernández comparece ante a Xustiza dende que deixara a presidencia da Arxentina hai case un ano. Pero esta foi a primeira na que o fixo por corrupción, como investigada por irregularidades na concesión de obras públicas durante o seu mandato.

CORTE 1: Cristina Fernández - Expresidenta da Arxentina

"Es una maniobra formidable de persecución política y de hostigamiento mediático que no es original, lo vemos también en Brasil con respecto al expresidente Lula da Silva".

A exmandataria non respondeu ás preguntas do xuiz e solicitou a nulidade desta causa que a responsabiliza de benficiar a un estreito colaborador, Lázaro Báez, detido por xestionar unha suposta rede de branqueo de diñeiro.
É a coñecida "Ruta do diñeiro K" que tamén salpica ós Kirchner.

MEDIANIÑA

Pero estas non son as únicas frontes abertas de Fernández.
Mentres acudía ós Tribunáis a Xustiza taxaba as súas propiedades do sur do país no marco da causa Los Sauces, que investiga á expresidenta e ós seus fillos Máximo e Florencia, por suposta manipulación de documentos públicos en favor da empresa da que participan como accionistas.

Por outra banda, un integrante do Tesouro Nacional acusouna recentemente de cobrar dúas pensións de xeito irregular.

Para a líder peronista este cerco xudicial só pretende desvia-la atención dos verdadeiros problemas que - asegura- está a atravesa-lo país.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

01/11/2016