CRTVG

Buscar

A exposición 'Héroes e heroínas' pretende visibilizar os pacientes ostomizados

Publicado o 08/10/2019 20:49

Estas son algunhas das heroínas e heroes da vida cotiá aos que o hospital Álvaro Cunqueiro rende homenaxe cunha exposición. Teñen en común que están ostomizados, isto é, que por problemas intestinais ou urolóxicos tiveron que facerlles unha saída artificial para os ouriños ou as feces. Unha operación sinxela que lles permite facer vida normal.

A exposición plasma o día a día dos pacientes ostomizados e do persoal que os atende. Busca visibilizar e tamén servir de ferramenta terapéutica para amosar que en moitos casos é a única opción para poder levar unha vida normal.

Na área sanitaria de Vigo hai preto de 2.000 pacientes ostomizados nos últimos catro anos, 200 deles no último ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019