CRTVG

Buscar

A exposición do Museo Gaiás 'As miradas de Isaac' xa se pode visitar en liña

Publicado o 05/02/2021 21:22

'As miradas de Isaac' desde unha nova mirada, a virtual. A exposición da Cidade da Cultura, agora a través da pantalla.
Desde a casa percorremos a vida de Isaac Díaz Pardo, o galeguista, intelectual e artista inabarcable. Paramos na súa mirada ... ou nestoutra.

Facémolo con todos os recursos tecnolóxicos posibles para que na visita non perdamos nada ..
Un mundo que cambiou porén coa súa plástica, a súa cerámica .. co seu compromiso. A visita virtual déixanos facer zomm no Díaz Pardo máis polifacético, no home que lle gustaba ir por diante

10.000 persoas pasaron xa polo Gaiás para fitar nesta ollada-homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Outras tantas agárdanse agora, desde o lugar que a pandemia nos permite e a un só clic.
 

Noticias web

05/02/2021