A exposición 'Camiños, paisaxe e patrimonio' percorre as rutas xacobeas
Publicado o 09/06/2021 15:04
Galicia súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos cunha exposición sobre as rutas xacobeas. A mostra 'Camiños, paisaxe e patrimonio' ofrece na Cidade da Cultura un percorrido por estes itinerarios a través de documentos, planos e imaxes que forman parte do Arquivo de Galicia. O conselleiro de Cultura destacou na inauguración desta exposición a importancia deste traballo de catalogación na protección do patrimonio cultural.