CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A exposición 'A Saga das Galaxias' reúne na Coruña 600 pezas dos personaxes e figuras da lexendaria saga cinematográfica

Publicado o 01/08/2018 21:42




Os afeccionados á Guerra das Galaxias teñen unha cita na exposición A Saga das Galaxias que estará aberta ata o próximo 23 de setembro na Coruña. A mostra está composta por máis de 600 pezas de coleccionista, mesmo algunha delas exhíbese por primeira vez a nivel mundial.

Os míticos R2-D2, C3PO, o Mestre Yoda, Luck skywalker, a princesa Leia e por suposto Dark Vader, flanqueados polos soldados imperiais. Son algúns dos persoaxes da famosa saga cinematográfica de George Lukas que non podían faltar nesta exposición. Sescentas pezas de coleccionista de diferentes tamaños de todas as figuras que foron aparecendo nesta saga, desde a primeira entrega en 1977 ata hoxe. Pero ademáis nesta mostra hai algunha figura única que se estrea nunha exposición a nivel mundial.

"Agora mesmo vou destacar, porque é exclusivamente novo na Coruña é a presentación a nivel mundial, unha peza que se chama Dewback que é un reptiliano do planeta Tatuin, que son cinco metros de longo e estréase aquí na Coruña, é único", di Dani Prada.

O director e principal coleccionista desta exposición sinalou que o que se intenta facer coa 'Saga das Galaxias', é que non sexa unha simple exhibición de pezas de museo, senon que o visitante teña unha experiencia completa do mundo de Stars Wars. Isto, sinala, é ó que fai esta exposición única.

"Pero tentamos que sexa unha experiencia completa. Temos obradoiros, actividades, recreacións dos mundos como podedes ver. A nivel acústicotamén recreóuse moito para que a experiencia sexa completa, entón ese é o factor diferencias desta exposición", afirma Dani Prada.

A mostra está recibindo público de todo tipo, curiosos, afeccionados, frikis, pero sobre todo familias. A Saga das Galaxias permanecerá na Coruña ata o 23 de setembro e logo viaxará a París.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

01/08/2018