CRTVG

Buscar

A exportacións de lousa medraron case un 10% nos cinco primeiros meses do ano

Publicado o 31/07/2019 11:43

O sector da lousa avanza na senda da recuperación. As exportacións medraron arredor dun 10 por cento nos cinco primeiros meses do ano. Isto, unido ao incremento do prezo, fixo que a facturación neste período subira dos 115 millóns de euros. Alemaña e o Reino Unido son os mercados onde máis medrou a demanda, xunto cos Estados Unidos, que comeza a apostar por este material nas súas contrucións.

España é o principal produtor de lousa para cubertas de todo o mundo e máis do 60 por cento dese material sae de aquí, das canteiras galegas. Practicamente toda a produción vai para fóra das nosas fronteiras. Francia é o principal destino. Merca máis do 30 por cento, pero pouco a pouco vanse abrindo camiño noutros mercados como Estodos Unidos ou Dinamarca.

Nos cinco primeiros meses de ano, as exportacións medraron de media un 10 por cento, aínda que houbo mercados como o Reino Unido ou o de Alemaña onde o crecemento superou o 14 por cento. As calidades do produto, impermeable, cunha durabilidades de máis de 200 anos e gran versatilidade está detrás, din, deste incemento nas vendas.

O sector da lousa dá emprego directo a 2.400 persoas en Galicia. O ano pasado facturou máis de 150 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019