CRTVG

Buscar

A explosión nunha planta de gas deixa 15 mortos no centro da China

Publicado o 20/07/2019 19:24

Polo menos 15 persoas morreron na explosión dunha planta de gas no centro da China. Son imaxes do estado en que quedou a fábrica, situada na cidade de Yima, na provincia de Henan. A forte deflagración escachou fiestras a tres quilómetros de distancia.

Segundo as autoridades chinesas, no accidente outras trece persoas quedaron feridas de gravidade. Nos labores de rescate participaron preto de 300 bombeiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019