CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A explosión escoitouse en Portugal e causou danos materiais leves en Valença do Minho

Publicado o 24/05/2018 15:26

A explosión escoitouse tamén ao outro lado da raia. Na localidade portuguesa de Valença do Minho chegou a romper os cristais dalgunhas vivendas e o susto dos veciños foi maiúsculo.

A explosión esnaquizou os cristais do conservatorio de Valença e tamén de varias vivendas cercanas ao río. Neste bar de Alfei, a medio quilómetro de Paramos, derrubouse parte do falso teito.

Malia que os desperfectos non son graves, os veciños aínda non quitaron o susto do corpo.

Tal foi o estrondo que o Concello emitiu un comunicado pedindo calma e explicando o ocorrido en Galicia, a onde enviaron unha dotación de bombeiros.

Desde Valença envían todo o seu apoio e solidariedade aos amigos e veciños de Tui.