CRTVG

Buscar

A experiencia paralímpica a través dos ollos de Desirée Vila

Publicado o 06/09/2021 21:38


Con humor e frescura Desirée Vila contounos a súa experiencia nos seus primeiros Xogos Paralímpicos. Unha ollada en primera persoa da atleta de Gondomar, que volveu cun diploma polo sexto posto en salto de lonxitude.

Compartiu as súas sensacións e os nervios antes de competir.  Amosounos a Vila olímpica e foi testemuña directa do exito dos seus compañeiros,

Con Adi Iglesias compartiu cuarto e convicencia. A luguesa foi unha das grandes triunfadoreas destes Xogos, atleta revelación, dobre medallista, cun ouro en 100m e prata nos 400m. 

Ás dúas medallas de Adi Iglesias hai que sumarlle o ouro de Susana Rodríguez Gacio no Tríatlon e o bronce de Juan Antonio Saavedra en Tiro Mixto. O pontevedrés pechou o medalleiro español que alcanzou os 36 metais e o decimoquinto posto.

Foi unha gran experiencia para os dezaseis galegos participantes, uns xa na casa e outros de regreso. Moitos repetirán. Quédalles Paris, dentro de tres anos.
 

Noticias web

06/09/2021