CRTVG

Buscar

A experiencia de Andrés Costa, un veciño de Vimianzo dos primeiros que superou o coronavirus en Galicia

Publicado o 10/02/2021 13:53

Andrés Costa é o xerente dunha coñecida empresa de transportes de Vimianzo. A mediados de marzo do ano pasado, en pleno auxe da pandemia, contaxiouse el e case toda a familia. O sogro morreu por coronavirus e Andrés estivo ingresado 18 días. Illado, a piques de entrar na UCI e coa incerteza e a desinformación inicial, asegura que pensou no peor.

A sua única compaña neses días de hospital foi o persoal sanitario, para o que só ten palabras de agradecemento e recoñecemento.

Case un ano despois conserva a inmunidade, pero arrastra secuelas, tanto físicas como psicolóxicas, provocadas pola enfermidade e pola medicación que recibiu.

Aos escépticos e aos que seguen tendo condutas irresponsables ante a pandemia, Andrés envíalles unha chamada á prudencia e a adoptar todas a medidas de seguridade. Asegura que é como ir á guerra, onde non quere volver.


 

Noticias web

10/02/2021