CRTVG

Buscar

As expedicións do River Plate e do Boca Juniors xa están en Madrid

Publicado o 06/12/2018 10:50

E chegou hai uns minutos a Madrid a expedición do River Plate. Onte á tarde fíxoo o Boca Juniors.

Así foi recibido o equipo de Guillermo Barros Schelotto polos afeccionados de Boca que viven en Madrid.

Con fortes medidas de seguridade na cidade, Boca e River van dirimir o domingo no Santiago Bernabeu a final da Copa Libertadores. Coma se fose a partido único. O resultado da ida de empate a dous goles non ten significado no valor dos tantos. Non hai dobre valor.

Durante a xornada de hoxe ambos equipos van realizar en Valdebebas sesións de adestramento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018