CRTVG

Buscar

Sánchez agarda que a reunión con Iglesias sirva para desbloquear a investidura

Publicado o 08/07/2019 20:11

O PSOE non se move da súa posición e a Executiva aprobou por unanimidade que Pedro Sánchez forme un goberno monocolor. Así que mañá o candidato vaille trasladar a Iglesias só unha proposta de programa, que será ademais a base do seu discurso de investidura. E un equipo de catro persoas, lideradas por Adriana Lastra, estudarán as propostas que fai Podemos a ese documento, de 30 folios.

O presidente do Goberno agarda que esa reunión con Pablo Iglesias riva para desbloquear a situación e encarrile a negociación para facer posible a investidura este mes de xullo. 

O líder de Podemos pídelles que deixen as escusas. Di que eles sempre foron flexibles. Están dispostos a asumir por escrito a estratexia do PSOE para Cataluña e a súa política exterior, pero non renuncian a entrar no Consello de Ministros

Sánchez tamén se reunirá mañá con Pablo Casado, pero dese encontro non se agardan novidades, máis aló da reiteración do voto en contra do Partido Popular na investidura.

Non haberá, en principio, econcotro con Albert Rivera, porque o líder de Ciudadanos volveu rexeitar a invitación de Sánchez. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019