A executiva do PSdeG comeza a preparar a axenda das municipais
Publicado o 30/04/2019 20:43
A executiva do PSdeG reuniuse este martes pola tarde para analizar o resultado electoral e preparar a axenda para as municipais.
Amosaron o seu apoio a Sánchez e comezaron a marcar a axenda para as vindeiras eleccións de maio.
O secretario xeral, Gonzalo Caballero, observa un cambio de tendencia na política galega cos socialistas como primeira forza política e chama á participación con vistas ás municipais.
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "A Pedro Sánchez, todo o noso apoio e a nosa satisfacción polo magnífico traballo feito durante a campaña electoral, que nos permitiu obter para o Partido Socialista un resultado histórico en España e que lle volve dar ao PSOE a primeira posición política do país".