CRTVG

Buscar

A Executiva de Podemos podería forzar a dimisión de Íñigo Errejón

Publicado o 21/01/2019 08:25

Outra das citas políticas da xornada está na reunión da Executiva de Podemos, na que a formación morada podería tomar medidas contra Iñigo Errejón e forzar a súa dimisión.

A cúpula de Pablo Iglesias subiu o ton das críticas a Errejón por renunciar ás siglas do seu partido para concurrir ás eleccións autonómicas coa plataforma de Manuela Carmena. A dirección de Podemos xa insinuou que debería renunciar ao seu escano e pecharon a porta a unha posible negociación. Na reunión de hoxe fixarán unha estratexia de cara as eleccións.

Noticias web

21/01/2019