CRTVG

Buscar

A ex-parella da muller falecida en Terrasa confesa o crime tras ver o cadáver

Publicado o 20/06/2019 14:05

Mónica, a veciña de Terrasa de 49 anos, desaparecida hai case un ano, nunca chegou a saír da casa que compartía coa súa ex-parella e suposto verdugo. Os Mossos d'Esquadra detiveron este mércores o home, de 54 anos, e durante horas estiveron rexistrando a casa que compartían coa axuda dun xeorradar e unha cámara térmica.

Cando os aparellos sinalaron onde estaba enterrado o cadáver e os axentes comezaron a escavar, o home confesou o crime. O corpo estaba baixo unha capa de xeso e un montón de trastes e mobles vellos. O Mossos regresaron esta mañá ao escenario do crime acompañados polo suposto asasino e os forenses para proceder ao levantamento do cadáver.

Despois a autopsia deberá confimar a identidade da vítima. O caso está en mans do Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 de Terrasa, que decretou o segredo do sumario.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí