A Eurocopa, adiada ata o 2021
Publicado o 17/03/2020 14:25
• Estaba previsto que a competición se xogase entre o 12 de xuño e o 12 de xullo

A Eurocopa aprázase ata 2021 por causa da pandemia de coronavirus. Foi unha decisión tomada pola UEFA tras as reunións mantidas coas ligas, clubs e sindicatos.
A competición estaba para xogarse entre o 12 de xuño e o 12 de xullo en doce sedes diferentes para conmemorar o seu 60 aniversario. O partido inaugural ía ser no Olímpico de Roma entre Italia e Turquia e as semifinais e a final en Wembley, Londres.