CRTVG

Buscar

A Eurocámara vota rebaixar aos 16 anos a idade mínima para promover unha reforma

Publicado o 12/03/2019 17:14

A porcentaxe de voto nas últimas eleccións europeas non chegou ao 43 por cento. A desafección entre a cidadanía e as institucións vai a máis, e mecanismos de participación cidadá como a iniciativa lexislativa popular semellan acadar mesmo o efecto contrario do que perseguen, porque sacalas adiante é pouco menos que un acto heroico.

Das arredor de 70 iniciativas presentadas na Unión Europea nos sete anos de vixencia desta fórmula, só se discutiron catro, e unicamente unha saíu adiante de forma parcial. A nivel estatal, houbo máis de cen propostas e só tres se aprobaron en todo o período democrático. E en Galicia, catro das 40 iniciativas saíron adiante nestes últimos 40 anos.

Estrasburgo somete hoxe a debate unha rebaixa ata os 16 anos da idade mínima necesaria para presentar unha iniciativa deste tipo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019