A Eurocámara vota o acordo comercial 'posbrexit'
A Unión Europea está a piques de ratificar o acordo comercial e político co Reino Unido. Cinco anos despois do referendo do brexit, o divorcio nas dúas beiras do Canal da Mancha é máis que evidente, aínda que Londres e Bruxelas teñan un novo marco de relacións O Parlamento Europeo votou este martes pola tarde. Coñeceremos o resultado a primeira hora da mañá do mércores, aínda que en Bruxelas a ratificación dáse por segura.
Un mero trámite, xa que todos os grupos políticos da Eurocámara e os 27 estados membros da Unión queren ter xa o novo marco de relacións. Agora aplícase de xeito provisional, e isto crea problemas.
A Comisión Europea ameaza con impor tarifas comerciais ao Reino Unido porque non cumpre coas súas obrigas na fronteira norirlandesa. Na pesca, os británicos están a frear as licenzas ás frotas europeas para pescar nas súas augas.