CRTVG

Buscar

A Eurocámara reivindica o papel da muller horas antes da manifestación en Bruxelas

Publicado o 08/03/2018 15:51

Case a metade dos europeos consideran que a función principal da muller é o coidado dos fillos e o fogar. É unha das conclusións dun informe sobre igualdade do Executivo comunitario.

O Parlamento Europeo, en Bruxelas, é hoxe lugar de reivindicación dos dereitos das mulleres a través de charlas e conferencias en que participan voceiros comunitarios, como o presidente da Eurocámara. En Bélxica non hai convocatoria de paro feminino pero si está organizada unha manifestación para esta tarde polo Día Internacional da Muller.

Os monumentos más emblemáticos do mundo ilunínanse en defensa da igualdade

En París e noutros lugares do mundo, os seus monumentos máis emblemáticos ilumináronse esta noite. Fixérono en apoio dos movementos que defenden os dereitos das mulleres e en contra da violencia machista. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018