CRTVG

Buscar

A Eurocámara pacta unha resolución contra Marrocos

Publicado o 10/06/2021 15:05

A crise da fronteira con Marrocos chega ao Parlamento Europeo, que hoxe vai condenar a Rabat polo uso dos menores no conflito e con fins políticos por parte das autoridades marroquís nesta crise migratoria. Cobra importancia porque é a primeira que fai Bruxelas sobre Marrocos desde hai máis de 20 anos.

É un texto contundente, consensuado polos catro grandes grupos da cámara: populares, socialistas, liberais e verdes, que rexeita o uso que fixo Marrocos dos controis fronteirizos. A resolución reivindica a fronteira de Ceuta como española e europea.

Noticias web

10/06/2021