A Eurocámara insta a Borrell a aclarar a súas accións en empresas
A Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo pediulle a Josep Borrell que presente máis información sobre os seus bens financeiros e a súas participacións en distintas empresas.
Borrell foi designado para alto representante da Unión Europea para a política exterior e vicepresidente da comisión.
Todos os candidatos que van integrar o novo equipo deberon presentar os seus informes de bens, pero nalgúns casos considéranse insuficientes ou xeran algunhas dúbidas. A Eurocámara pídelles a outros nove candidatos a comisarios, ademais de Borrell, que expliquen a súa relación con determinadas sociedades para evitar conflitos de interese.
Algunhas fontes falan de que no caso do político español o debate xurdiu despois da sanción por uso de información privilexiada no caso Abengoa, en que vendeu accións días antes da quebra da empresa.