CRTVG

Buscar

A Eurocámara debate a presenza de Delcy Rodríguez en Madrid

Publicado o 10/02/2020 20:29
A Eurocámara debate a presenza de Delcy Rodríguez en Madrid

O pleno do Parlamento Europeo debaterá este martes sobre a viaxe da vicepresidenta de Venezuela e a súa parada no aeroporto de Madrid.

Solicitouno o eurodeputado de Ciudadanos, Jordi Cañas, para esclarecer se España incumpriu as sancións impostas a Venezuela ante a conversa entre José Luis Ábalos e Delcy Rodríguez. A proposta de debate foi aprobada cos votos a favor de PP e Ciudadnos e en contra dos socialistas, que os acusaron de querer facer oposición no Parlamento Europeo.

Noticias web

10/02/2020