CRTVG

Buscar

Bos días

A Eurocámara debate a posibilidade de acabar co cambio horario

Publicado o 09/02/2018 09:40

O eterno debate sobre a conveniencia ou non do cambio horario chega ao Parlamento Europeo. Cada vez son máis os países que dubidan do aforro enerxético que supón o cambio, e poñen en primeiro plano as molestias que xera entre os cidadáns.

Mover as agullas do reloxo. Facémolo en cuestión de segundos pero os efectos duran semanas.

Tamén está demostrado que os animais sofren o cambio horario.

O debate xa chegou á Eurocámara, a petición de Finlandia, pero Europa agardará á elaboración dun complexo estudo sobre o impacto económico para tomar unha decisión. Así que, polo de agora, teremos que seguir facendo este xesto dúas veces ao ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

09/02/2018