CRTVG

Buscar

A Eurocámara aproba unha emenda para que Galicia non perda fondos estruturais

Publicado o 13/02/2019 16:44

Estrasburgo reclama que Galicia manteña os fondos. O pleno do Parlamento Europeo aproba unha emenda presentada polos populares en que reclaman que Galicia non vexa recortados os fondos estruturais que recibe da Unión Europea.

Os eurodeputados defenderon a necesidade dunha política de desenvolvemento rural forte, máis descentralizada e simple de executar, a partir do ano 2020. O pleno da Eurocámara reclama tamén que se teña máis en conta o criterio demográfico na repartición de cartos. En Estrasburgo, foi apoiada a emenda dos populares en que piden que se manteña a actual asignación, sen recortes, para rexións como Galicia.

Millán Mon, eurodeputado do PP: "No suposto concreto de Galicia, descendería de rexión máis desenvolvida a rexión en transición e baixaría notablemente o seu financiamento europeo. Isto é contrario ao principio de cohesión e a todo principio de equidade. Por iso, a través da emenda 429, o Grupo Popular quixo establecer unha especie de rede de seguridade que impide que estas rexións penalizadas pola crise teñan tamén castigo en materia de financiamento. Trátase de que se lles garanta unha asignación equivalente á do período 2014-2020", dicía, desde Estrasburgo, o eurodeputado Francisco Millán Mon.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019