CRTVG

Buscar

A Eurocámara aproba o certificado dixital de coronavirus

Publicado o 09/06/2021 09:41

O Parlamento Europeo aprobou este mércores o certificado dixital de coronavirus para permitir aos viaxeiros probar a súa situación sanitaria, se están vacinados, superaron o coronavirus ou teñen unha PCR negativa, e así impulsar a mobilidade dos europeos de cara ao verán.

Saíu adiante por 546 votos a favor, 93 en contra e 51 abstencións, e supón un novo paso para que este documento entre en vigor o 1 de xullo, aínda que varios países, entre eles España, xa o están utilizando.

Os gobernos seguen reservándose a opción de aplicar estas medidas, como corentenas ou PCR á chegada, en caso de que a situación sanitaria empeore. O certificado non será equivalente a un pasaporte, pero facilitará a entrada noutros países sen gardar corentenas ou realizar probas á chegada.

España foi un dos que se adiantaron á data oficial de entrada en vigor o 1 de xullo e comezou a emitilos o 7 de xuño.

Este proxecto leva enriba a mesa dende mediados de abril. Así era a proposta inicial, resumida en sete claves: 

Noticias web

09/06/2021