A UE destina 14.800 millóns de euros para o seu novo programa espacial

Europa mira cara ao espazo. É unha das materias pendentes. Hoxe, pressentouse no Parlamento Europeo o programa espacial, unha aposta de futuro e co apoio do maior investimento da historia. A Unión Europea destinará 14.800 millóns de euros durante o próximos sete anos, a maior cantidade asignada ata o de agora a este sector.
Europa quere "modernizar a infraestrutura espacial", dixo o comisario europeo de Mercado Interior, Thierry Breton, durante a presentación deste novo programa. Non será ata o 2024 cando se lance a segunda xeración de satélites Galileo, o sistema de navegación europeo que compite co GPS estadounidense.
Bruxelas, xunto coa Axencia Espacial Europea, quere modernizar o programa europeo de observación da Terra, que axuda, por exemplo, a previr incendios ou a mellorar a eficiencia do sector agrícola. Con este novo programa, a Unión Europea quere diminuír a súa dependencia nun sector dominado polos Estados Unidos e A China "aos que hai que observar," segundo manifestou Aschbacher.