CRTVG

Buscar

A Estratexia Nacional sobre Drogas inclúe a Internet e as novas tecnoloxías

Publicado o 10/02/2018 10:08

 

O Goberno aproba a nova Estratexia Nacional sobre Drogas, que estará vixente ata 2024.

Esta estratexia centrarase en dous sectores da poboación. Primeiro nas mulleres, porque consomen o dobre de tranquilizantes e somníferos ca os homes. E segundo, nos menores, que están desenvolvendo novas adiccións. Hai datos preocupantes, por exemplo,  no uso abusivo das redes sociais, dos móbiles ou das apostas en Internet.  Son condutas que se dan cada vez en rapaces máis novos. E que co tempo derivan en ludopatía e problemas serios de saúde.

O 18% dos adolescentes usa compulsivamente as redes sociais. Case un 10% recoñece que aposta diñeiro en Internet. E un 80% usa os videoxogos a diario. A OMS aínda non as recoñece como adiccións pero os médicos teñen xa claro que estamos ante un uso abusivo da tecnoloxía. O problema dáse cada vez a idades máis temperás e é maior no caso das nenas. A longo prazo pode derivar, por exemplo, en casos de ludopatía. Pero tamén provoca outros problemas de saúde. 

Contra todo isto hai un remedio infalible: Pais que dean exemplo e poñan límites. E mentres o sentido común non se impón dende a casa, moitos colexios regulan xa o uso dos móbiles e países coma Francia prohibiron entrar con teléfonos nos centros de secundaria.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2018