CRTVG

Buscar

A morte do hostaleiro de Sanxenxo foi accidental: o fillo queda en liberdade

Publicado o 06/12/2020 12:26

• A autopsia revela un golpe cranial 

O fillo do empresario morto na madrugada do venres en Sanxenxo quedou en liberdade a última hora do sábado despois de prestar declaración polo suceso en sede xudicial, segundo apuntan fontes da Garda Vivil.

Barállase a hipótese de que o fillo do falecido, Ignacio Cal, de 62 anos, conducía un dos turismos implicados nun accidente de tráfico rexistrado na estrada de Sanxenxo a Portonovo na madrugada do venres. Regresaba dunha festa na zona de Adina e ía cara a Sanxenxo cando chcocou contra outro coche que ía en sentido a Portonovo. Cando tivo o accidente chamou ao pai que chegou ata o lugar. O fillo, que podería non estar en condicións óptimas para conducir, fuxiu do lugar. Mentres, o seu proxenitor, con problemas de saúde, tivo unha indisposición repentina que o fixo caer no chan e levar un forte golpe na cabeza, o que explicaría a contusión que tiña o cadáver.

O vehículo do falecido estaba aparcado nas proximidades co interior ordenado. A autopsia do hostaleiro revela un golpe no cranio. Tentan esclarecer se foi a consecuencia dun golpe accidental por mor dunha caída a causa dun esvaecemento ou se se trata dunha morte violenta.

A investigación, que levan os xulgados de Cambados, está baixo segredo sumarial.